Servizos

SERVIZOS PERSONALIZADOS

COMEDOR: MENÚ SETEMBRO 2024

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (COMEDOR, MADRUGADORES E TARDONES): HORARIOS E TARIFAS CURSO 2023-2024

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (COMEDOR, MADRUGADORES E TARDONES): FOLLA DE INSCRICIÓN

MADRUGADORES

servizo de madrugadores do noso Centro consiste na recollida e coidado de aqueles nenos e nenas que por diversos motivos teñan que comezar a xornada escolar antes do horario lectivo.

 

Comeza a partires das 07:30 h da mañá ata as 09:00 h.

COMEDOR

Un espacio con marcado carácter educativo e social. Atendido por profesores/as  do centro en horario de 14:00 a 16:00h

Este servizo ofrece un menú equilibrado e saudable, adaptado ás idades e necesidades do noso alumnado.

TOKAPP SCHOOL

A través desta app gratuíta establécese unha comunicación directa entre o colexio e as familias.

Para descargar a aplicación entrar en:

https://www.tokappschool.com/

UNIFORME

Buscamos favorecer a pertenencia a un colectivo, favorecer a igualdade entre alumnos e crear sensación de grupo, ademáis de facilitar o día a día dos pais.

  • Infantil: Poderán asistir indistintamente tanto co de rúa como co deportivo (3 anos só chándal)
  • Primaria: Asistirán co uniforme de rúa e os días de E.Física levarán o deportivo.
  • ESO: Poderán acudir ás clases de E.Física co chándal do colexio (opcional)

Non olviden marcar a roupa convenientemente co nome e apelidos para evitar a súa perda.

 

O uniforme escolar consta de:

  • Chándal (modelo do Colexio)
  • Polo blanco
  • Xersei azul marino con anagrama (modelo do Colexio)
  • Falda de cuadros plisada (modelo do Colexio)
  • Pantalón gris largo o corto (modelo do Colexio)
  • Mandilón modelo do Colexio (só para Educación Infantil e 1º e 2º EP
  • Zapato deportivo (co chándal)
  • Zapato negro o azul marino
  • Calcetín o medias azul marino

PLURILINGÜISMO

O programa plurilingüe é un proxecto do Centro no que o equipo de xestión está comprometido coa súa aplicación e coordinación co Departamento de Educación da Xunta de Galicia. Do mesmo xeito, os profesores directamente involucrados comprométense a ampliar os seus coñecementos a través da práctica da aula e á asistencia a cursos de formación e preparación de materiais para a aplicación do devandito programa.

É, desta forma, unha educación plurilingüe e pluricultural que terá en conta a diversidade dos alumnos, así como o aumento do rendemento dos mesmos. Somos conscientes de que este proxecto implica un cambio global na docencia e no uso da lingua inglesa como vehículo e as estratexias didácticas dos mesmos.

 

Para acadar unha aprendizaxe eficiente nas áreas e materias que utilizan o inglés como lingua vehicular, contaremos coa asistencia e asesoramento permanente dos profesores do Departamento de Inglés xunto cos profesores das distintas áreas ou materias implicadas no proxecto.

 

  • Infantil: 4º, 5º, 6º (Proxecto multidisciplinar)
  • Primaria: Plástica( 1º EP Art and craft) (No resto da etapa irase implementando en anos consecutivos)
  • Secundaria: Ed. Física (1º, 2º, 3º e 4º)

TARDONES

servizo de tardones consiste no coidado de aqueles nenos e nenas que por diversos motivos teñan que permanecer no centro despois do remate do horario lectivo.

 

Comeza a partires das 14:00 h ata as 14:25 h.

 

O alumnado que precise permanecer ao mediodía no centro máis tempo do arriba indicado terá que facer uso obrigatoriamente do servizo de comedor.

CIENCIA

Estimular a curiosidade e a imaxinación dos nenos a través de actividades prácticas relacionadas coa ciencia e a natureza. O noso colexio destaca pola súa participación en diversos certames científicos como poden ser, entre outros, os Premios Luis Freire, Galiciencia ou as xornadas de Ciencia na Rúa.

BIBLIOTECA

Fomentar nos alumnos o gusto pola lectura, dende as primeiras etapas, promovendo tanto a utilización da biblioteca de aula como o servizo de préstamo da biblioteca escolar.

PROXECTO EDIXGAL

As aulas dixitais están equipadas para ofrecer aos/as alumnos/as unha experiencia
educativa adaptada ás necesidades duns/dunhas rapaces/as que se desenvolven nunha contorna tecnolóxica. Dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a profesor/a e dun ordenador por alumno/a.
Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.