O Centro

PRESENTACIÓN

O CPR Plurilingüe Valle–Inclán 1 é un centro privado concertado laico, onde se pode cursar Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, sendo o ensino totalmente gratuíto nos 3 niveis cun horario de xornada única de mañá. Pretendemos ser un centro familiar e aberto, onde procuramos que tanto os alumnos e alumnas como as familias destes se sintan cómodos e á su vez participen activamente no proceso educativo.

AS NOSAS METAS

1

OBSERVATORIO CONVIVENCIA ESCOLAR

Fomentar entre a Comunidade Escolar a importancia da labor do Observatorio da Convivencia Escolar, co fin de previr conflictos e mellorar, na maneira do posible a disciplina e a convivencia no Centro.

2

EDUCACIÓN ESPECÍFICA

Detectar dende os primeiros cursos as posibles alteracións de linguaxe oral e escrita que poden afectar ao alumnado, así como mellorar o tratamento e seguimento de rapaces con necesidades educativas específicas

3

GUSTO POLA LECTURA

Fomentar nos alumnos o gusto pola lectura, dende as primeiras etapas, promovendo tanto a utilización da biblioteca de aula como o servizo de préstamo da biblioteca escolar.

XESTIÓN DO CENTRO

María Carmen Fernández de Castro

DIRECTORA

Manuel Núñez Pozo

XEFE DE ESTUDIOS

Ángeles Rodríguez Prieto

SECRETARIA

INFANTIL

  • Mercedes Prin Bermúdez 3 ANOS
     Luns 16:30-17:30
  • Raquel Doce López4 ANOS
     Luns 16:30-17:30
  • Silvia Fojo Lamas 5 ANOS
     Luns 16:30-17:30

PRIMARIA

ESO

  •  Paula García Díaz 1º ESO
     Xoves 12:45-13:35
  • María Fernández Villar 2º ESO
     Luns 16:30-17:30
  • David García Calvo3º ESO
     Venres 11.35-12:25
  •  Angélica Sánchez Mesías4º ESO
    Luns 08:45-09:35

Calvo García, María Isabel

Carbajales Martínez, María de las Mercedes

Gato Doce, Emma

Losada Vázquez, Lidia

Fdez de Castro, Maria del Carmen

Fdez Villar, María Mercedes

Fojo Lamas, Silvia

Grandal Mourente, Judit

García Calvo, David

González Carneiro, María Ángeles

García Díaz, Paula

Veiga Graña, Eva María

López Nores, Elena

Mouriz Rodríguez, Fabiola

Núñez Pozo, Manuel

Prin Bermúdez, María Mercedes

Amor Díaz, Laura

Rdguez Prieto, Ángeles

Alonso Álvarez, Ignacio

Sánchez Mesías, María Angélica

Ulloa Taboada, Encarnación

Veiga Graña, David

PROXECTO EDUCATIVO

IMPORTANTE

1.O Colexio «Valle-Inclán I»,empresa educativa con personalidade xurídica propia,mantén os Principios fundamentais sintetizados no pesente Documento, nos que se inspiran tódalas súas actividades educativas, co obxetivo de asegurar ós seus alumnos unha formación personalizada, coherente e completa.

2.Os pais dos alumnos, os profesores, o persoal non docente e os mesmos alumnos, no seu caso, aceptan libremente e comprométense a manter este modelo educativo que sostén valores da cultura e da convivencia social.

3.O Colexio «Valle-Inclán I», realiza un servicio de interese social, contribúe a satisfacer necesidades escolares e fai posible o exercicio do dereito dos pais a escoller para os seus fillos un determinado modelo de educación.

PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS

1. O Colexio «Valle-Inclán I» trata de consegui-la educación personalizada de tódolos seus alumnos, para que cada un alcance o máximo desenrolo da súa capacidade, forme o seu criterio e alcance a madureza e coñecementos necesarios para toma-las suas decisións libremente.

2. O Colexio «Valle-Inclán I» respecta as peculiaridades orgánicas e psicolóxicas de cada sexo, en absoluta e estricta igualdade de dereitos.

3. Persíguese unha formación completa, que atende os aspectos intelectuais, técnicos, culturais,deportivos, estéticos e sociais.
Tódalas actividades educativas procuran o desenrolo do sentido da responsabilidade, que faga posible o exercicio da liberdade persoal.

4. O proceso educativo procura o esforzo e o estudio persoal de cada alumno.O traballo en equipo, os encargos e outras actividades de servicio mutuo facilitan a colaboración entre profesores e alumnos, como dos alumnos entre eles.

5. Fomenta-lo cultivo das vivencias prácticas de puntualidade, orde, limpeza, coidado das cousas materiais, etc.é dicir , calidade humana nas maneiras externas de comportamento para lograr un adecuado ámbito de convivencia.

6. Cada un dos alumnos será atendido persoalmente por un profesor-titor, que coordenará os estímulos educativos dirixidos ó educando:Ocuparase especialmente da súa orientación persoal e profesional, sempre en contacto cos pais.

7. A natureza xurídica do Colexio é estrictamente civil, respectando en todo momento a liberdade das conciencias.

8. O Colexio «Valle-Inclán I» incorpora nos seus programas educativos, os valores culturais xenuinos da Comunidad Autónoma de Galicia, colaborando nas iniciativas educativas culturais que realicen os organismos administrativos da Comunidade.

9. O Colexio » Valle-Inclán I» ofrece os servicios dun Colexio bilingüe galegocastelá, que imparete os ciclos seguintes: educación Infantil(2º ciclo), Educación Primaria e Educación Secundaria.

10. A normativa de convivencia e as intruccións de disciplina escolar teñen como finalidade o desenrolo da responsabilidade persoal. Están enmarcadas nun ambiente de confianza mutua. As correccións que resulten necesarias para que os alumnos corrixan a súa actuación: Considéranse só os estímulos positivos que axuden ó alumno a mellora-lasúa conducta.

PRINCIPIOS DE DIRECCIÓN E PARTICIPACIÓN

1. O goberno do Centro corréspondelle á titularidade, no respeto á Lexislación vixente. A titularidade delega determinadas funcións no Equipo Directivo do Colexio, responsable da coordinación e organización das actividades educativas.

2. O Colexio «Valle-Inclán I», promove a participación dos país, dos profesores, do persoal non docente e dos alumnos no desenrolo da vida do Centro, sempre de acordo co establecido pola Lexislación vixente e polo Regulamento do Réxime Interior do Colexio.

PAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO

1. A petición de admisión dun alumno presupón o coñecemento e aceptación destes Principios, que serán expostos pola Dirección a cada pai/nai.

2. A educación que ofrece o Colexio considéranse como delegada e colaboradora, non sustitutiva, da educación familiar, posto que a principal responsabilidade da formación dos fillos corresponde sempre ós pais. Por tanto o Colexio estimula ós pais a manter unha estreita e frecuente relación co Centro.

3. A Entidade titular e a Dirección do Centro fomentan a participación dos pais de alumnos , a través da A.P.A. e as demáis canles establecidas no organigrama do Colexio.

PROFESORES E PERSONAL NON DOCENTE

1. O profesor desenrolará o seu traballo educativo de acordo cos Principios Básicos, que resumen o moldelo educativo do Colexio e coas instruccións da Dirección.

2. No Colexio «Valle-Inclán I», cada profesor é un educador. A súa principal tarefa é a de estimulalo traballo e a formación persoal dos alumnos, especialmente cando é o encargado da titoria do grupo.

3. O persoal non docente colabora co séu traballo na consecución dos fins educativos do Colexio.

FINAL

Considérase a educación como un perfeccionamento intencional das facultades específicas do individuo, ó que deben contribuir tódolos membros da comunidade educativa-alumnos, profesores, persoal non docente e pais do Colexio «Valle-Inclán I».