O próximo martes día 22 de maio visita a nosa biblioteca o arquitecto ferrolá Ramón Montero Cereijo, presidente da delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e fundador do estudio The Warehouse. para falarnos do barrio da Magdalena.

Non é a primeira vez que nos visita, o ano pasado ofreceunos unha interesantísima charla acerca do barrio de Ferrol Vello chea de anécdotas e curiosidades.

Agardamos este ano poder disfrutar e aprender de novo cos segredos que este barrio tan ferrolá agocha, da man deste prestixioso arquitecto local.