OBRADOIRO DE PARACONTOS

A biblioteca convértese estes días nun obradoiro de historias…

….historias nun paraugas …Paraconto de» Meigas fóra!», o libro de Ramón D. Veiga que leron os rapaces e rapazas de 3º de primaria.

Este paraugas que pintan os nenos e nenas de 3º vai destinado a Ramón Veiga, o autor do precioso libro que tanto gustou ao rapaces. Expresaron con entusiasmo o seu desexo de pintarlle un cando o coñeceron por videochamada o pasado mes. Traballan coma formiguiñas todos os días e agora xa están a piques de rematalo.
Para celebrar o Día das Letras Galegas, trasladamos a bilioteca ao campeiro do carballo para contar esta fermosa historia aos rapaces de 1º e 2º de primaria…

Parabéns artistas!

E lembrade…Nunca choveu que non escampara!

E se chove…xa temos paraugas!