AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-2021

Convocatoria do Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para Libros de Texto e Material Escolar 2020/2021.

 

 No DOG do día 12 de maio de 2020 publícase a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.

 

ENLACE DE ACCESO Á INFORMACIÓN:

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

 

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).