VISITA DO PARRULO

O pasado venres recibimos con moito entusiasmo a cinco xogadores do Parrulo: Diego Ríos, Rubi Lemos, Illi, Rubi López e Carlos Teijeiro. 

Cada un deles presentouse e contou algunha faceta ou experiencia como xogador de fútbol sala.

Familia, estudios e deporte…Os rapaces recibiron esta fermosa mensaxe e consellos moi valiosos para o seu futuro.

Tamén houbo agasallos para os que estiveron ben atentos…

Sara, Jasmín e Alex, de 5º de Primaria, foron os encargados de entrevistar aos xogadores para nosa Radiovalle:

Podedes ver parte da entrevista nos seguintes vídeos…

Ao final desta emocionate xornada, os xogadores firmaron todo o que os rapaces quixeron…

MOITAS GRAZAS AO PARRULO POR ESTA XORNADA EXITOSA PARA OS RAPACES