ENTROIDO INFANTIL 2019

Entroido 2019

 

No día de hoxe, 1 de marzo, celebramos o Entroido no cole. Este ano a temática do centro xirou ao redor dos barrios ferroláns. 

 

Como levamos todo o curso desexando ser xefes e xefas de obra, tiñamos que desfrazarnos á forza de OBREIROS E OBREIRAS!!!

 

Fixemos nós mesmos os nosos desfraces: cortamos o noso chalecode obra (as nosas familias nolo coseron/pegaron)e pintamos as ferramentas. Pero como nos viamos desprotexidos, tivemos que mercalo casco.

 

E aquí tendes o resultado:

Fixemos un desfile polos arredores do cole:

E non puido faltar unha doce merenda:

Noutros días tivemos a oportunidade de desfrazarnos doutras temáticas, ollade as fotos que seguen:

 

 

E coa profe Silvia, tamén descubrimos diferentes xeitos de celebrar o Entroido en diferentes lugares de Galicia.