ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

08/11/2018

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO CPR.PLURILINGÜE VALLE-INCLAN 1, NOVEMBRO DE 2018.

  • MEMBROS A RENOVAR

– 2 pais/nais; un desinado pola ANPA, un elexido por votación ( existe unha vacante sen cubrir )

– 2 profesores/as, elexidos por votación

– 2  alumnos/as, elexidos por votación.

– 1 representante do Personal de Administración e Servicios

  • DATAS DO PROCESO

– 08 de novembro; constitución da Xunta Electoral, composta por: a directora, un representante do titular do centro, un pai/nai, un representante do profesorado, un representante do alumnado a partir de 1º de ESO, e un representante do PAS.

– 09 de novembro, publicación de censos e do proceso na páxina web.

– Entre as 12:00 horas do 12 de novembro e as 12:00 horas do 19 de novembro, presentación e aceptación de candidaturas ( na secretaría do Centro )

– 12 de novembro, ( 16:30 ) comunicación ao Consello do incio do proceso

– 19 de novembro, claustro extraordinario para dar lectura aos art. 34,35 e 36 do Decreto 92/1998, así como dar a coñecer a relación de candidatos proclamados pola Xunta Electoral.

– Votación profesores/as: 26 de novembro de 16:30 a 17:00 horas.

– Votación Pais/Nais: 26 de novembro de 17:00 a 18:00 horas.

– Votación alumnos/as: 26 de novembro de 11:00 a 11:30 horas

– 30 de novembro: proclamación de candidatos

– Nos primeiros dez días hábiles de decembro, constitución do novo Consello.

  • COMPOSICIÓN DAS MESAS ELECTORAIS

– Pais/nais: a directora ( presidenta ), 4 pais/nais dos que non sexan candidatos, elexidos por sorteo. ( secreatrio o de menor idade )

– Profesores: a directora ( presidenta ), o/a profesor/a de maior idade e o/a profesor/a de menor idade que actuará como secretario/a.

– Alumnos/as: a directora ( presidenta ), 2 alumnos/as dos que non sexan candidatos, elexidos por sorteo. ( secretario/a o/a de menor idade ).

  • COMPOSICIÓN DA XUNTA ELECTORAL

– Presidenta: María del Carmen  Fernández de Castro

– Representante do titular: Manuel Núñez Pozo

– Representante dos/as pais/nais: María Mercedes Fernández Villar

– Representante dos/as profesores/as: Encarnación Ulloa Taboada

– Representante do PAS: Carmen Díaz López

– Representante dos/as alumnos/as: Carmen Deibe Rodríguez

  • NOTA:

– As personas que desexen presentar a súa candidatura, poderán recoller os impresos na secretaría do colexio, e entregalos cubertos e asinados no plazo que se mencionou con anterioridade.

– O censo electoral de pais/nais está publicado no taboleiro de anuncios na entrada do centro.