PRESENTACIÓN ANPA ARCO DA VELLA

Queridas familias:

Hoxe en día as familias son muy diferentes e diversas: nuclear, extendida, monoparental, homoparental, ensamblada, de acollida…Podemos considerar unha familia un grupo de persoas que teñen características propias e perseguen obxetivos comúns.

Nesta nova ANPA queremos representar a tódalas familias do colexio Valle Inclán 1 que cada día coidan don nosos/as nenos/as dun xeito incondicional facéndolles sentir apoio e seguridade.

O noso maior obxetivo é establecer unha ponte de unión entre o colexio e as familias basada no repecto, no diálogo e na cooperación mutua. Somos conscientes de que a relación establecida entre a escola e a familia é de enorme importancia para a infancia xa que crea vínculos imprescindibles para o sustento emocional dos nenos/as.

Agardamos que este novo espazo sexa do voso interés. Aquí iremos contando as novidades que vaian surxindo. Agradecemos á dirección do centro a posibilidade de facilitarnos este espazo na nova web co obxetivo de chegar tódalas novas e eventos que vaiamos organizando ao longo do curso.

Recibide un agarimoso saúdo

ANPA ARCO DA VELLA