Secretaría

INFORMACIÓN XERAL

Os PRAZOS previstos nesta circular para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado son os que se indican a continuación e, en todo caso, enténdense referidos ao ano natural:

1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo..

2. Presentación da solicitude de admisión: O proceso iniciarase o día 1 de marzo e rematará o 20 do mesmo mes.

3. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

4. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

6. Unha vez publicadas as listas de admitidos, do día 20 ó 30 de xuño, os alumnos de infantil ( 3, 4 e 5 anos ) e Primaria, terán que formalizar a súa matrícula cubrindo outro impreso que se facilitará no Centro.

Os alumnos de E.S.O., formalizarán a súa matrícula do 25 de xuño ó 10 de xullo. Do día 01 ó 10 de setembro abrirase un prazo extraordinario para a formalización da matrícula de alumnos de E.S.O..

Si finalizados os prazos de matriculación o alumno non a houbera formalizado, perderá o dereito á praza obtida.

Xunto ao impreso de solicitude de admisión  terase que aportar a seguinte documentación obrigatoria para todos os alumnos:

• Certificación de empadroamento ( no Concello facilítano )

• Fotocopia do carnet de familia numerosa ( se é o caso )

• Fotocopia do DNI de todos os membros familiares ou do libro de familia onde apareza o alumno.

• Dúas fotografías.

* Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» e na páxina web da consellería competente en materia de educación».

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».

A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ , realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente»

Lembrámoslles finalmente que na solicitude de admisión deberán poñer con claridade todos os datos, así como o número de teléfono.

LEXISLACIÓN APLICABLE:

 

– Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa

– Ley Orgánica 2/2006, de 03/05, de Educación

– Decreto 254/2012, de 13/12 polo que se regula a admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos

– Orden 12/03/2013, pola que se regula o procedemento de admisión alumnado en 2º ciclo de EI, EP, e ESO en Centros docentes sostidos con fondos públicos.

– ORDEN de 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orden de 12 de marzo de 2013.

– Instrucións da Dirección Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

 

A solicitude de posto escolar :

• Será única ( non se poderá presentar máis de unha )

• Irá dirixida ó titular do Centro.

• O impreso de solicitude de praza escolar corresponderá ao anexo II publicado pola Consellería.

• Presentarase no Centro solicitado en primeiro lugar

• Poderanse relacionar un máximo de 6 centros, por orden de preferencia

Unha vez entregada a solicitude no Centro de prefenrencia, o solicitante terá dereito a que se lle expida unha copia ou resguardo, que deberá estar datado e selado.

O titular do Centro poderá solicitar de forma motivada a presentación de documentación complementaria para a xustificación das situacións e circunstacias alegadas. De non presentarse a misma no prazo de 10 días entenderase que o solicitante renuncia á puntuación prevista no baremo.

No suposto que, debido a un erro, se presente máis dunha solicitude para unha mesma ensinanza no mesmo ou diferentes centros, a orde de prelación determinarase atendendo á/s data/as de rexistro de entrada no/s centro/s.

Se non fose posible establecer a orde de preferencia conforme ao parágrafo anterior, requerirase á persoa interesada para que a sinale no prazo urxente de 5 días. De non facelo, terase en conta a solicitude que conste rexistrada en primeiro lugar na base de datos da Consellería de Educación.

No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión e, se é o caso, a de cambio de centro educativo (por ser actos de exercizo extraordinario da patria potestade), terá que asinarse polos dous proxenitores, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante a resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o seu cotexo polo centro educativo.

No caso de presentación fora de prazo, o titular deberá remitir estas solicitudes á Comisión de Escolarizaicón.

Os alumnos que por traslado dos seus pais, presenten a solicitude fora de prazo, deberán entregala directamente na Comisión de Escolarización ou ó Servicio Provincial de Inspección.

Unha vez admitido un alumno nun Centro, queda garantida a súa permanencia no mesmo ata a finalización das ensinanzas sostidas con fondos públicos que o Centro estea autorizado a impartir.

SOLICITUDE ADMISIÓN 2024-2025

  • Luns de 13:35 a 14:25
  • Martes de 09:45 a 12:15
  • Mércores de 08:45 a 09:35
  • Xoves de 08:45 a 09:35
  • Venres de 09:45 a 12:15
  • Luns a venres de 09:00 a 14:00.
  • Luns a venres de 09:00 a 14:00.
  • Luns, mércores, xoves e venres de 08:45 a 14:25.
  • Martes de 08:45 a 14:25 (Mañá) de 16:30 a 18:10 (Tarde).

CONTACT@

cpr.valleinclan1@edu.xunta.gal

colegiovalleinclanferrol@gmail.com

TELÉFONOS

981330140