INSTRUCCIÓNS DA CONSELLERÍA COVID-19

Estimadas familias:

A Consellería de Educación  ven de publicar as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

 

Polo que definitivamente as actividades no colexio suspéndense ata o luns 30 de marzo.

 

O profesorado programará a través da aplicación TokApp , actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

 

Un saúdo

 

CPR PLURILIGÜE VALLE-INCLÁN 1