Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024/2025

Participación fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024/2025

 

 

Prazo de solicitude:     do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:    ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

 

 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

(Preferiblemente se optará pola presentación electrónica, de non ser posible as familias descargarán os anexos I e II e unha vez cubertos os presentarán no centro educativo.)

 

Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

 

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo

Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

♦ Documentación complementaria:
Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

 

BENEFICIARIOS:

 

Axudas adquisición libros de texto: 1º e 2º Educación Primaria
Fondo solidario libros de texto: 3º e 4º Educación Primaria
Axudas material escolar: Alumnado de primaria e secundaria