VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO – ENTREVISTA RADIOVALLE
Hoxe tivemos connosco a Ánxela Loureiro, mestra e escritora ferrolá de literatura infantil e xuvenil, autora do libro «Choiva de ras»
Rapaces de 3º e 4º de primaria adentráronse nas trepidantes aventuras de Ramona, a ra máis mona e molona da fraga.
Entre frores e harmonías vivía esta extravagante ra argallando novas rimas e melodías, allea aos trafegos das outras ras pendentes dos ovos e do casorio cos sapos.
Mais, cando o perigo está cerca, Ramona enfróntase con todas as súas armas e comprende que a súa verdadeira función nese momento é salvar os ovos, loitar cos enimigos, solidarizarse cos animais do entorno e, grazas a súa valentía, lograr a armonía do lugar.
Ánxela amenizou a xornada con preciosas cancións que tod@s acompañaron con ledicia…
Sempre baixo a atenta mirada da Ramona (feita con papel maché) vixiando aos cágados do frasco recén collidos nunha charca…Mesmo parece que vai coller o micro e croar!…
Que ben o pasaron coas cancións de namorados!…
Ao remate, Ánxela asinou os libros de cada un dos rapaces adicándolles unhas palabriñas….
Dani, Laura e Marta, de 6º de Primaria, aproveitaron o intre para facerlle unha breve enquisa para a nosa «Radiovalle»…
MOITÍSIMAS GRAZAS ÁNXELA!