Este ano lembramos a unha decena de artistas, mestras, pintoras, escritoras e activistas que co seu traballo loitaron con forza por un ideal…A igualdade.
Gertrude Kasebier era unha fotógrafa americana, coñecida tamén por ensinar o mundo da fotografía a outras mulleres polo ano 1890.
Nesta foto súa vemos á india Zitkala-Sa que naceu na Reserva Sioux de Dacota e foi escritora, violinista e activista sioux. Escribiu artículos apoiando aos indíxenas americanos.
Interpreta a foto: Angélika (5º Primaria)
Sophie Anderson foi unha importante pintora británica, eran famosos os seus retratos de nenos e nenas.
Este óleo titúlase “A pequeña encaixeira” tamén coñécese como “Concentración”.
Interpreta o cadro: Claudia (4º Infantil)
Elisabeth Vigée, pintora francesa do século XVIII.
Era unha famosa retratista e os seus cadros pódense atopar en moitos museos de Europa.
Este é un fermoso retrato da súa filla Julie mirándose nun espello.
Interpreta o cadro: Claudia (4º Primaria)
A pintora francesa Marie Genevieve Bouliard pintou este retrato de “ Alexandre Lenoir” (Creador do Museo dos monumentos franceses).
Interpreta o cadro: Pablo Roca (2º ESO)
A pintora lucense Xulia Minguillón co cadro «A escola de Doloriñas» recibiu a Medaia de Ouro da Exposición Nacional de Belas Artes no ano 1941Interpretan o cadro: Claudia e Javier (4º Infantil), Ada (1º primaria), Estéfany, Gabriela, Sabela e Roi (2º Primaria), Ainhoa(3º primaria), Laura e Claudia (4º primaria), Unai (5º primaria), Dani Pérez (6º Primaria) e a profe Eva Veiga.