LEXISLACIÓN APLICABLE:
– Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa
– Ley Orgánica 2/2006, de 03/05, de Educación
– Decreto 254/2012, de 13/12 polo que se regula a admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos
– Orden 12/03/2013, pola que se regula o procedemento de admisión alumnado en 2º ciclo de EI, EP, e ESO en Centros docentes sostidos con fondos públicos.
– ORDEN de 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orden de 12 de marzo de 2013.
– Instrucións da Dirección Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
A solicitude de posto escolar :
• Será única ( non se poderá presentar máis de unha )
• Irá dirixida ó titular do Centro.
• O impreso de solicitude de praza escolar corresponderá ao anexo II publicado pola Consellería.
• Presentarase no Centro solicitado en primeiro lugar
• Poderanse relacionar un máximo de 6 centros, por orden de preferencia
Unha vez entregada a solicitude no Centro de prefenrencia, o solicitante terá dereito a que se lle expida unha copia ou resguardo, que deberá estar datado e selado.
O titular do Centro poderá solicitar de forma motivada a presentación de documentación complementaria para a xustificación das situacións e circunstacias alegadas. De non presentarse a misma no prazo de 10 días entenderase que o solicitante renuncia á puntuación prevista no baremo.
No suposto que, debido a un erro, se presente máis dunha solicitude para unha mesma ensinanza no mesmo ou diferentes centros, a orde de prelación determinarase atendendo á/s data/as de rexistro de entrada no/s centro/s.
Se non fose posible establecer a orde de preferencia conforme ao parágrafo anterior, requerirase á persoa interesada para que a sinale no prazo urxente de 5 días. De non facelo, terase en conta a solicitude que conste rexistrada en primeiro lugar na base de datos da Consellería de Educación.
No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión e, se é o caso, a de cambio de centro educativo (por ser actos de exercizo extraordinario da patria potestade), terá que asinarse polos dous proxenitores, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante a resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o seu cotexo polo centro educativo.
No caso de presentación fora de prazo, o titular deberá remitir estas solicitudes á Comisión de Escolarizaicón.
Os alumnos que por traslado dos seus pais, presenten a solicitude fora de prazo, deberán entregala directamente na Comisión de Escolarización ou ó Servicio Provincial de Inspección.
Unha vez admitido un alumno nun Centro, queda garantida a súa permanencia no mesmo ata a finalización das ensinanzas sostidas con fondos públicos que o Centro estea autorizado a impartir.