Presentación

O C.P.R. Valle–Inclán 1 é un centro privado concertado onde se pode cursar Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, sendo o ensino totalmente gratuito nos 3 niveis. Pretendemos ser un centro familiar e aberto, onde procuramos que tanto os alumnos e alumnas como as familias destes se sintan cómodos e á su vez participen activamente no proceso educativo.

Amais da labor docente propia dun Centro de Ensinanza, pretendemos acadar outros obxectivos formativos que consideramos fundamentais para unha correcta formación do alumnado cara o seu desenvolvemento vital e social; por elo plantexámonos, entre outras, as seguintes metas:

- Fomentar entre a Comunidade Escolar a importancia da labor do Observatorio da Convivencia Escolar, co fin de previr conflictos e mellorar, na maneira do posible a disciplina e a convivencia no Centro

- Detectar dende os primeiros cursos as posibles alteracións de linguaxe oral e escrita que poden afectar o alumnado, así como mellorar o tratamento e seguimento de rapaces con necesidades educativas específicas

- Fomentar nos alumnos o gusto pola lectura, dende as primeiras etapas, promovendo tanto a utilización da biblioteca de aula como o servicio de préstamo da biblioteca escolar.

O Centro

Ubicámonos nun edificio de tres plantas, no que se atopan as aulas e instalacións complementarias.

Na planta baixa sitúanse os despachos de dirección, a sala da A.N.P.A., laboratorio de Ciencias, taller de Tecnoloxía, unha aula de música e plástica, e unha aula de Informática, tres aulas de Educación Infantil e unha aula de usos múltiples.

Na planta primeira atópanse as seis aulas para os seis cursos de Educación Primaria, a Biblioteca de Primaria e unha sala de audiovisuais.

Na segunda e última planta, hai catro aulas utilizadas para os catro grupos de E.S.O., dúas aulas para desdobramentos e a biblioteca xeral do Centro.

Estudios e Docentes

O centro imparte as 3 Unidades de Educación Infantil, 6 Unidades de Educación Primaria e as catro primeiras Unidades da Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.), atendendo neste momento unhos 243 alumnos/as.

A plantilla docente do centro, ordeada por cilcos, está formada por:

- Educación Infantil: 4 mestras especialistas en Educación Infantil

- Educación Primaria: 10 mestres/as e 1 mestra especialista en audición e linguaxe para os ciclos de educación Primaria.

- E.S.O: 2 mestres/as coas habilitacións correspondentes, 2 enxeñeiros/as técnicos, 1 psicóloga-Orientadora e especialista en pedagoxia terapéutica e 9 licenciados/as nas diferentes especialidades.

Organos de Goberno

O goberno do centro recae nos órganos unipersonais de dirección (Dirección, Xefatura de Estudios e Secretario) amais dos órganos colexiados. A relación de cargos é:

Director:Dna María del Carmen Fernández de Castro
Xefe de Estudios:D. Manuel Núñez Pozo
Secretario:Dna Ángeles Rodríguez Prieto

Os órganos colexiados son o Consello Escolar e o Claustro de Profesores.

Representacion dos pais

Outro órgano de representación moi importante e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) "Arco da Vella", que representa ós pais dos alumnos. A ANPA colabora activamente no desenvolvemento de gran número de actividades e ten un alto peso específico na comunidade do centro.

18 Dec 2017

LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031