Innovación Educativa

OS NOSOS PROXECTOS E PLANS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

Plan proxecta “Proxecto Terra”

O plan Proxecta é un programa que fomenta a innovación educativa mediante o desenvolvemento dun proxecto interdisciplinario.
A través dunha aprendizaxe por proxectos e do traballo cooperativo, achégase ao alumnado ao fito da investigación para profundizar no coñecemento do seu entorno.
No presente curso académico centramos o noso traballo no Barrio da Magdalena para completar así o proxecto que levamos desenvolvendo dende hai tres cursos, co inicio no Barrio de Canido e as súas Meninas e continuando co Barrio de Ferrol Vello.

Programa CA/AC (“Cooperar para Aprender / Aprender a cooperar”)

Empregamos a metodoloxía do aprendizaxe cooperativo para enseñar a aprender en equipo. Fomentamos os vínculos entre o alumnado mediante dinámicas de cohesión para crear equipos reducidos heteroxéneos estables nos que os estudiantes axudan uns a outros a aprender, utilizando estructuras como o folio xiratorio, 1-2-4, lápis ao centro…

Programa TEI (Titoría entre iguais)

É un programa de convivencia institucional que implica a toda a comunidade educativa. Oriéntase a mellorar a integración escolar e traballar por una escola inclusiva e non violenta. Está dirixido á mellora do clima e a cultura do centro respecto á convivencia, conflicto e violencia. O alumnado de 3ºESO e 5ºEP titorizan ao de 1ºESO e 3ºEP respectivamente.

PLAMBE (Plan de mellora das Bibliotecas Escolares)

A través deste programa impúlsase a transformación da biblioteca do colexio nun centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Convertíndose no eixe dinamizador e instrumento esencial para a innovación educativa na medida en que propicia e lidera a utilización de metodoloxías activas, a integración das TIC en contextos reais de aprendizaxe e o traballo por proxectos.

Plurilingüismo

Os centros plurilingües son aqueles nos que se imparte nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas.
Na actualidade no noso centro o plurilingüismo está implantado na ESO xa que se imparte en inglés a materia de Educación Física. O noso obxectivo e implementar o plurilingüismo en todas as etapas educativas.

FORMACIÓN DO PROFESORADO

Erasmus + K101 “Mobilidade de Persoal”

O programa está destinado a movilidade do profesorado para ampliar a súa formación a través da docencia, cursos e actividades de formación estruturada no estranxeiro ou aprendizaxe por observación. Ademáis da experiencia e enriquecimento persoal este proxecto supón para o centro un acercamento directo a outros sistemas educativos, as súas metodoloxías e formas de abordar temas común no ámbito da educación.
No presente curso otorgáronos tres becas de movilidade, 1 a Alemania para traballar o tema da inclusión e outras 2 a Gales sobre inmersión lingüística.

Grupos de traballo

Para poder aplicar as novas metodoloxías da educación no centro o profesorado realiza formación contínua mediante grupos de traballo. (TEI, Cooperativismo, Traballo por proxectos…)

FPROFE e CFR

A través da aplicación de Formación do Profesorado e do Centro de Formación e Recursos realízanse diferentes cursos, seminarios, xornadas, encontros... segundo as preferencias e inquedanzas do profesorado.