CIRCULAR INCIO DE CURSO


CIRCULAR INICIO DE CURSO

Ferrol, 04/09/2017

Circular Nº1

INAUGURACIÓN DO CURSO ESCOLAR 2017/2018.

Ferrol, Setembro de 2017.

Estimados Pais/Nais: A

Dirección do Colexio saúdaos e ponse en contacto con vostedes para informarlles de todo o referente ó comenzo do Novo Curso Escolar.

* PRESENTACIÓN DE ALUMNOS/AS.

a) Día 11 de setembro, luns, ás horas xa indicadas na reunión de xuño.( 9:45-10:45 e 11:15-12:15 )

Educación Infantil ( 3 anos ). Acompañados dos seus pais/nais.

b) Día 11 de setembro, luns, de 9:30 a 11:30 horas.

Educación Infantil ( 4 e 5 anos ) e Educación Primaria .

c) Día 15 de setembro, venres de 10:00 a 11:00 horas.

Educación Secundaria Obrigatoria

* COMENZO DAS CLASES.

- Os alumnos/as de Educación Infantil ( 4 e 5 anos ) e Educación Primaria a partir do día 12, cumprirán o horario de clases entre as 9:00 e as 14:00 horas durante todo o curso.

- Os alumnos/as de E.S.O. cumprián a partir do día 18 o horario de clases entre as 8:45 e as 14:25 horas, ademais os martes polas tardes de 16:30 a 18:10 horas.

- Os alumnos de Educación Infantil ( 3 anos ) cumprirán o horario entre as 9:00 e as 14:00, salvo no periodo de adaptación do mes de setembro que seguirán o horario disposto polas súas profesoras, e que será recordado o día da presentación.

* NORMAS PARA O DÍA DA PRESENTACIÓN.

- Os nenos/as de Educación Infantil , serán recibidos polas súas profesoras no porche do Colexio na data e horas da presentación. Os/As alumnos/as de 3 anos, entrarán acompañado/as dos seus país/nais.

- Os alumnos/as de Educación Primaria e E.S.O, serán recibidos polos seus profesores/as na parte posterior do colexio, na zona cuberta, e dende alí dirixiranse as súas aulas no primeiro e segundo andar respectivamente.

* NOTAS.

- A partir do día 12 de setembro os alumnos/as de infantil e Primaria acudirán ás clases con uniforme.

- Lémbrase que os/as alumnos/as de 3 anos levan soamente chándal do Colexio e un mandilón. Os alumnos dende 4 anos ata 2º curso de Educación Primaria incluído, utilizan uniforme, chándal e mandilón; 3°,4°,5º e 6º de Primaria utilizan chándal e uniforme. En 1º e 2º de E.S.O., utilizarase soamente o chándal do Colexio os días de educación física e os que estableza o Centro (saídas ou excursións).

- En canto ás entradas e saídas ao centro, lembramos, que os alumnos de Infantil, levaranas a cabo pola porta principal. Os alumnos de Primaria e ESO, realizaranas pola porta do patio cuberto.

- Finalmente comunicámosvos que neste curso, non estará en funcionamento o servicio de comedor escolar, debido a que, polo momento, non se reúne o número mínimo de usuarios.

Un agarimoso saúdo. A DIRECTORA.


15 Dec 2017

LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031