Outro ano máis, e xa van uns cantos, o colexio disponse a participar no Día da Ciencia na Rúa.

Esta festa anual organizada pola Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias constitúe uns dos eventos científicos populares máis destacados do país.

Nesta ocasión xogaremos con imáns para construír compases, motores, trens de levitación… Ademais contaremos cun pequeno taller onde os máis peques poden materializar os seus deseños e lembrar o magnetismo como esa poderosa forza que fai que certos elementos sexan atraídos polos refrixeradores.

 

ESPERÁMOSVOS!!!!!