Nos obradoiros de Zanfona  os asistentes coñecerán cómo funciona unha zanfona, a orixe do instrumento, as tradicións en diferentes paises ao longo da historia, as posibilidades sonoras… Sempre adaptando o ritmo e contido do obradoiro  á edade dos asistentes.
Escoitaremos  cantares de cego, música medieval, bailes,  música descriptiva e contemporánea.
Mostraránse tamén varios tipos de zanfona: Dende modelos basados nas zanfonas antiguas  e modelos construidos na actualidade.
A Duración máxima dos obradoiros será de 30 minutos para alumnado de infantil e 50 minutos para  os de primaria e secundaria.
Oscar Fernández leva dende o ano 2001 impartindo aulas regulares en Narón, Santiago de Compostela e A Coruña. Tamén impartiu cursos en Galicia, Gannat (Francia), Narol (Polonia) , Barcelona, Alicante.
Participou como zanfonista compositor e arranxinsta en numerosas produccións dende eses anos: Os Cempés, Atlántica Vapora, Doa, bOnOvO, Combo galego-cubano Descarga ao Vivo. OJarbanzo Negro, En Dúo con Ugia Pedreira, en Dúo con Carlos Quintá,libro-disco: Amadeo Goyanes e as Zanfoneiras de Monforte.