O próximo xoves día 26 de abril visita a nosa biblioteca a escritora de literatura infantil e xuvenil María Canosa.

Filla da escritora Concha Blanco, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios. Titulouse como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña, traballou de enxeñeira e foi a Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte.

Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de “experta” en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011 ata principios de 2013 cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupa o posto de experta.