O Próximo martes día 26 de marzo visita o cole Anxela Loureiro, mestra e escritora ferrolá de literatura infantil e xuvenil, autora do libro  «Choiva de ras».   Neste libro os rapaces de 3º e 4º de primaria adentráronse nas trepidantes aventuras de Ramona, a ra máis mona e molona da fraga.


Entre frores e harmonías vivía esta extravagante ra argallando novas rimas e melodías, allea aos trafegos das outras ras pendentes dos ovos e do casorio cos sapos.

Mais, cando o perigo está cerca, Ramona enfróntase con todas as súas armas e comprende que a súa verdadeira función nese momento é salvar os ovos, loitar cos enimigos, solidarizarse cos animais do entorno e, grazas a súa valentía, lograr a armonía do lugar.

Agardámoste Ánxela!!