SAMAIN E MAGOSTO

Máis información sobre o concurso de cabazas e de contos

Estimadas familias:

Poñémonos en contacto con vós para informar das actividades a realizar na vindeira semana.

• Luns 30 de outubro:

  • Recollida de cabazas decoradas para a exposición e participación no concurso organizado pola ANPA.
  •  Data límita para a recollida de contos e debuxos para participar no concurso de Contos do Samaín oraganizado pola ANPA.
  •  A partir deste día poderán traer castañas (cun corte) para levar ao forno. Agás os alérxicos ou con intolerancias alimentarias que as traerán xa asadas o xoves.

• Xoves 2 de novembro:

  •  Entrega de premios na Biblioteca do Concurso de contos de Samaín e das Cabazas máis orixinais no seguinte horario: – 9:30h Educación Infanti, 1º e 2º EP

– 10:15h de 3º a 6º EP

– 11:00h ESO

  •  Magosto de 11:30h ata a hora de salida. Degustación de castañas. (Recomendamos traer leite ou zumo). Según as condicións meteorolóxicas se realizarán xogos ou diferentes actividades no exterior.
  • Os/as alumnos/as que o desexen poderán vir caracterizados ou disfrazados acorde coa temática.

 CONCURSO CONTOS DE SAMAÍN: CLUB DE LECTURA

BASES:

1. PARTICIPANTES: Poderá participar calquera estudante do colexio

2. TEMÁTICA: A temática dos relatos deberá xirar en torno ao Samaín.

3. CONDICIÓNS E FORMATOS

– Poderase presentar un máximo dunha obra por alumno/a

– os traballos presentaranse en formato folio cunha extensión máxima de dous folios

– En tódolos traballos figurará o nome e curso do alumno/a

– Os/as alumnos/as de infantil e 1º e 2º de primaria poderán participar na modalidade de debuxo

4. PRESENTACIÓN DE TRABALLOS: O prazo de presentación vai dende o día 25 ao 30 de outubro. As obras enttregaránselles aos titores que se encargarán de facerllas chegar a un responsable da ANPA

5. XURADO: O xurado será asignado pola organización entre persoas expertas na materia

6. PREMIO: Haberá dúas modalidades:

– PREMIO INDIVIDUAL: premio ao mellor conto de cada categoría:

– Infantil

– 1º e 2º de primaria

– 3º e 4º de primaria

– 5º e 6º de primaria

– ESO

– PREMIO DA AULA: A aula que obteña unha maior porcentaxe de participación e unha mellor puntuación nos traballos presentados será agasallada cun premio para a aula.

CONCURSO DE CABAZAS:

Premio as tres cabazas máis orixinais.

Recibide un cordial saúdo

A DIRECCIÓN