Continuando coas charlas organizadas pola ANPA no marco da semana da ciencia, visítanos Xan Rodríguez Silvar. Fundador d0 GOG (Grupo Ornitolóxico Galego) en 1973 e da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) en 1976 é, xunto con Andrés Bermejo, o descubridor da colonia de gaivota tridáctila nas Illas Sisargas.

Nesta ocasión, o noso ilustre convidado agasallará aos alumnos de 3º e 4º de primaria cunha charla titulada “Ángeles Alvariño”.