ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

04/11/2021

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO CPR.PLURILINGÜE VALLE-INCLAN1, NOVEMBRO DE 2021.

  • MEMBROS A RENOVAR

– 2 pais/nais;  elexidos por votación

– 2 profesores/as, elexidos por votación

– 2  alumnos/as, elexidos por votación

– 1 representante do Personal de Administración e Servicios

  • DATAS DO PROCESO

– 04 de novembro; constitución da Xunta Electoral, composta por: a directora, un representante do titular do centro, un pai/nai, un representante do profesorado, un representante do alumnado a partir de 1º de ESO, e un representante do PAS.

– 08 de novembro, publicación de censos (secretaría) e do proceso na páxina web.

– Entre as 12:00 horas do 08 de novembro e as 12:00 horas do 15 de novembro, presentación e aceptación de candidaturas ( na secretaría do Centro )

– 08 de novembro, (16:30 ) comunicación ao Consello do incio do proceso

– 15 de novembro, claustro extraordinario para dar lectura aos art. 34,35 e 36 do Decreto 92/1998, así como dar a coñecer a relación de candidatos proclamados pola Xunta Electoral.

– Votación profesores/as: 22 de novembro de 16:30 a 17:00 horas.

– Votación Pais/Nais: 22 de novembro de 17:00 a 18:00 horas.

– Votación alumnos/as: 22 de novembro de 11:00 a 11:30 horas

– 30 de novembro: proclamación de candidatos

– Nos primeiros dez días hábiles de decembro, constitución do novo Consello.

  • COMPOSICIÓN DAS MESAS ELECTORAIS

– Pais/nais: a directora (presidenta), 4 pais/nais dos que non sexan candidatos, elexidos por sorteo. (secretario o de menor idade)

– Profesores: a directora (presidenta), o/a profesor/a de maior idade e o/a profesor/a de menor idade que actuará como secretario/a.

– Alumnos/as: a directora (presidenta), 2 alumnos/as dos que non sexan candidatos, elexidos por sorteo. (secretario/a o/a de menor idade).

  • NOTA:

– As personas que desexen presentar a súa candidatura, poderán recoller os impresos na secretaría do colexio, e entregalos cubertos e asinados no plazo que se mencionou con anterioridade.

– O censo electoral de pais/nais está publicado no taboleiro de anuncios na Secretaría do centro.

 

 

Esquema renovacion consejo escolar