DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE. LUPE LÓPEZ (RECINOR)

Conmemorando o Día do Medio Ambiente do próximo 5 de xuño, contamos coa presencia no noso cole de Lupe López Ramos da empresa Recinor. Esta empresa, pertencente ao grupo JRilo, é unha das pioneiras na xestión de residuos no noso pais. Nesta ocasión, Lupe responde a preguntas dos alumnos de 2º de ESO en relación a un tema tan transcendente como é o da reciclaxe.