CARTA ÁS FAMILIAS INICIO DE CURSO

Ferrol, 4 de setembro do 2020

 

 

 

Estimadas familias:

 

 

Achégase a data deste inicio de curso tan excepcional que afrontamos, un curso “novo” en moitos sentidos e dende o noso Centro elaboramos un plan de adaptación para implementar todas as medidas que están nas nosas mans para levar a cabo a volta ás aulas do xeito máis seguro posible, seguindo os protocolos que nos indican as Consellería de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia.

 

 

Con gallo de minimizar contactos e cruces de alumnado de distintos cursos e etapas determinamos:
– Entrada diferenciada por etapas educativas, aproveitando os distintos accesos de que dispón o cole (EI pola entrada principal e EP e ESO pola porta lateral de acceso ás pistas)
– Establecer franxas horarias de entrada e saída para as distintas etapas.
– Manter grupos estables de convivencia na aula, no recreo tomaranse as medidas de seguridade e hixiene necesarias como modo de prevención.
– O alumnado de cada planta utilizará unhas escaleiras distintas para desplazarse.

 

 

Sabemos que algunhas modificacións adoptadas en canto ao lugar e horarios de entradas e saídas poden supoñer cambios na vosa organización familiar e por elo pedímosvos un esforzo extra no cumprimento das mesmas.

 

 

 

Cremos que é moi importante respectar os horarios e as medidas de seguridade establecidas con responsabilidade e sendo exemplo para os vosos fillos e fillas.
Intentamos que o horario de entrada dunha etapa e outra sexan próximos para favorecer ás familias con fillos e fillas en distintas clases.

 

 

 

Recordámosvos que en calquera dos desprazamentos polos accesos ao Centro se respectará a distancia de seguridade e o sentido da marcha sinalizado.
Funcionarán os servizos de madrugadores, comedor e tardones. Suprímense as actividades extraescolares.

 

 

 

Outras medidas que teremos en conta:
• Manteñemento da distancia de separación interpersoal de seguridade fóra do aula delimitando espazos, sinalizando e marcando direccionalidade nos percorridos.
• Limpeza de máns frecuente, para o que se habilitarán dispensadores de xel en cada aula e otras zonas do centro.
• Uso de mascarilla durante toda a xornada escolar, obrigatoria dende primaria e recomendable para a etapa de infantil.
• Ventilación periódica de aulas e outros espazos.
• Reforzo de limpieza das instalacións ao longo de toda a xornada.
• Obrigación de permanecer en casa ante a aparición de calquera síntoma COVID, segundo establecen as autoridades sanitarias.
• Diferenciación das quendas de recreo da etapa de secundaria do resto das etapas. Estableceranse espazos diferentes para cada grupo estable.

 

 

 

Confiamos na colaboración de todas as familias para que o noso alumnado poda continuar crecendo en valores e coñecementos nun entorno seguro.
Bo comezo a todos e todas!!!

 

 

 

O Equipo Directivo