11 F – VISITA DE LUCÍA SANTIAGO CAAMAÑO E BELÉN SOTO TORRENTE

 

 

Un ano máis, contamos coa AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia, AMIT-Gal) para celebrar o 11 de febreiro «Día da Muller e a Nena na Ciencia».

 


11 DE FEBREIRO- VISITA DE LUCÍA SANTIAGO CAAMAÑO

 

 

Lucía Santiago Caamaño é Enxeñeira Naval e Oceánica e profesora da EPS (Escola Politécnica Superior) de Ferrol. Colabora coa AMIT e hoxe veu a dar unha charla para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria.

 


Lucía é da Pobra do Caramiñal, na Ría de Arousa. Comezou a charla falando do seu pobo. Dende o peirao, podía ver as bateas e os pesqueiros cando era unha nena,  e xa acendían nela a curiosidade os barcos coas súas grúas e as redes. 
Un dato curioso que aportounos: A Pobra, é o porto onde máis atún se descarga de Europa. 


 No seu traballo, no Campus de Esteiro, da clases e investiga, co seu equipo de enxeñeiros, nos sistemas autónomos. Estudan a estabilidade e comportamento dos barcos para mellorar a súa seguridade no mar.

No laboratorio dispoñen dun espazo para probas con maquetas de barcos a escala cun canal de ensaios e sensores para medir e tomar datos. 

Tamén hai un xerador de ondas que poidemos ver nun  vídeo.

 

Amosounos diferentes tipos de barcos coas súas características.

O submariño chamou moito a atención entre a rapazada. 

Tamén quedaron abraiados co comportamento dun barco nun temporal.



 

 

 Lucía falounos de mulleres referentes e pioneiras cos seus inventos e contribucíons á ciencia e ás novas tecnoloxías: 

 

 

Hedy Lamarr, inventora dun sistema de comunicación secreta contra os nazis, precursor do GPS, bluetooth e o wifi.

 

 

Raye Montague, que inventou o primeiro software asistido por ordenador para buques.

 

 

Martha Jane Hunt Coston, inventora da bengala Coston, dispositivo de señalización no mar.


Sara Mather, inventora do telescopio submariño, precursor do periscopio.

 

 

 



 

 

 

 

 Moito aprendimos con Lucía, e o máis importante, animou á rapazada a estudar moito e escoller a profesión que lles guste sen barreiras nin estereotipos.
E para finalizar, adicounos uns minutiños na entrevista para Radiovalle que lle fixeron alumn@s de 5º.

 

 

 


        Como ben dixo Laura….MOLAS MOITO LUCÍA!


        MOITÍSIMAS GRAZAS POLO TEU EXEMPLAR TRABALLO!!!

 

 


 

 

11 DE FEBREIRO- VISITA DE BELÉN SOTO TORRENTE

 


Para celebrar el Día de la mujer y la niña en la ciencia, alumn@s de ESO, asistieron a la charla de Belén Soto Torrente.


Belén es química y máster en Medio Ambiente. Responsable de Medio Ambiente en la Central Térmica de As Pontes.





Ha comenzado su charla hablando de las experiencias personales de mujeres que se han formado y ejercen en el ámbito científico-técnico…

 

 

 

 

 También les ha explicado el significado de la celebración del 11 de febrero, de su centro de trabajo, de su elección personal y el trabajo que desempeña dentro de la UPT (Unidad de Producción Térmica) de Endesa en As Pontes…

 

 

 

 

 

Para finalizar los alumnos de 2º de ESO le plantearon a Belén una serie de preguntas para la radio del cole.

 

 

 

 

 

Muchísimas gracias Belén por tu magnífica labor en este día tan importante para tod@s!