CAMIÑO INGLÉS: FERROL – S. MARTIÑO DO COUTO

Escolares de 5º, 6º de primaria e da ESO realizaron a peregrinación dun tramo da primeira etapa do camiño inglés cos seus respectivos titor@s.

Dende o peirao de Curuxeiras en Ferrol, ata  o monasterio de S. Martiño do Couto en Xubia, peregrinaron a bo ritmo un centenar de escolares os 10 km previstos para despertar o interés pola nosa ruta xacobea e vivir en primeira persoa a experiencia do camiño.

 

 

 

 

Culminaron así as actividades iniciadas durante este mes de outubro propostas pola Fanpa Ferrolterra «Concepción Arenal» dentro do programa «O teu Xacobeo», iniciativa co fin de dinamizar o noso camiño inglés.

BO CAMIÑO!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *