TEI CURSO 2019-2020

TEI curso 2019/2020

Un ano máis continuamos co programa de convivencia TEI de Titoría Entre Iguais cos alumn@s de 3º e 5º de primaria, coordinado polas profesoras Emma e Rosa.

Iniciamos o programa co emocionante nomeamento de titores de 5º e titorandos de 3º, e cunha terrorífica actividade aproveitando a proximidade da festa do Samaín….



 

 

Os titores e colaboradores de 5º xa teñen, dende hoxe, o seu carnet que acredítaos como irmán/a maior dos rapaces de 3º de primaria..

             Denís, Josué, Gianella e Yésica serán colaboradores voluntarios dos titores.

Unha vez rematado o nomeamento, titores e titorandos, fixeron unha terrorífica actividade conxunta na biblioteca…

Con este programa de convivencia TEI preténdese mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias.