VISITA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DA CORUÑA

VISITA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DA CORUÑA

Hoxe recibimos con agarimo a visita de María e Tino, membros da Asociación de Persoas Xordas de A Coruña…

Os pequerrechos de Infantil foron os primeiros en recibir as explicacións de Tino…

Na biblioteca, en dúas quendas, practicaron a lingua de signos os alumn@s de ESO e os de primaria…


 Practicaron o alfabeto de signos co seu nome…Irene foi tan rápida que nin tempo me deu a facerlle unha foto con Tino…

A profe de inglés, Vanesa, tamén o fixo moi ben…

 A xornada de hoxe foi moi enriquecedora para tod@s. Agradecemos a Tino e a María a lembranza deste colectivo que dende o ano 1958 celebran o 29 de setembro o Día Internacional de persoas Xordas.
Deixovos este vídeo para que o ollades…
Manifiesto- Semana Internacional das persoas xordas…