Co motivo do Día Internacional da Arquitectura hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Carmen Pérez Parapar, a nova presidenta da delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia…
Explicou a evolución da vivenda e as distintas modalidades segundo o seu entorno para rapaces e rapazas de 3º,4º, 5º e 6º en dúas quendas. Viron imaxes moi curiosas das diferentes construccións que hai polo mundo adiante: cavernas, castros, igloos, tipys, yurtas…Unha morea de estilos diferentes, tradicionais e modernos, que gustaron moito ao rapaces…
Unha vez feita a presentación, remangáronse tod@s e puxéronse mans á obra para deseñar a súa vivenda no improvisado obradoiro da biblioteca…
Deixamos a secar as vivendas ata o próximo luns…
ENTREVISTA A CARMEN EN RADIO VALLE:
FOI UNHA XORNADA A DE HOXE MOI ESPECIAL… MOITAS GRAZAS CARMEN POLA TÚA INTERESANTE VISITA!