O día de hoxe, adicado a Antón Fraguas, convertemos a biblioteca nun pequeno museo etnográfico cos obxectos tradicionais que trouxemos ao longo da semana…
Para falarnos dos traxes tradicionais tivemos a sorte de contar connosco con María Fraguela que tivo a xenerosidade de deixalos expostos na biblioteca durante estes días.
Antón e Laura aproveitaron o momento para gravar un programiña na nosa Radiovalle e agradecerlle a María, en nome de toda a comunidade, a incorporación do novo mobiliario da biblioteca que con tan bo gusto escolleron, sen esquencer a importante aportación que fixo a ANPA para o interés de tod@s..
María explicounos as partes das vestimentas e o valor que ten para ela manter as tradicións e conservar o que transmitiron os nosos ancestros.
Manuela e a súa nai interpretaron esta fermosa melodía coa zanfona e a pandereta…
Eva presentounos a Carlos Oreona coa gaita…
E tamén soaron as panderetas…
A de hoxe foi unha entrañable e amena xornada que lembraremos con ledicia. Dende o equipo da biblioteca damos as grazas as familias que colaboraron coa incorporación dos obxectos tradicionais…
E como non reiterar as grazas a nosa ANPA por todo o que aportou durante este curso. Dende o impulso ao laboratorio, as interesantes conferencias científicas, a colaboración na biblioteca….Un montón de boas iniciativas que fan que esteamos tod@s moi agradecidos da vosa implicación exemplar. MOITAS GRAZAS POLO VOSO BO TRABALLO!!!