TRABALLO COOPERATIVO – ELMER

O pasado trimestre recibimos a Maleta da Inclusión que o noso centro solicitara á Xunta.

De entre todos os libros que contiña a maleta, escollimos «ELMER el elefante multicolor» para traballar temas como a diversidade e a inclusión con dous grupos cooperativos de 3º de primaria…

➤ Un dos grupos elaborou un kamishibai para presentar na biblioteca aos peques de infantil e aos de 1º e 2º de primaria. Interpretaron o capítulo «Elmer en la nieve»

➤ O outro grupo fixo unha lectura compartida co resumo do capítulo «Elmer y el gran pájaro» para contalo na biblioteca aos mesmos compañeiros.

Entre tod@s fixeron un gran ELMER multicolor…



E por fin chegou o gran día de representar os contos na biblioteca. 
Este martes para os pequerrechos de Infantil…

E hoxe, xoves, interpretaron os contos do divertido elefante para os rapaces de 1º e 2º de primaria…


E COLORÍN COLORADO…
ESTE CONTO ESTÁ REMATADO!!!