7 de Abril – DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

7 de Abril – DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O pasado día 7 celebrouse o día Mundial da Saúde.
Milleiros de persoas no mundo carecen de atención sanitaria. E outros tantos de milleiros de persoas vense obrigadas a elexir entre a atención da saúde e outros gastos básicos, como alimentos, roupa ou incluso un teito onde vivir.
 
Por todo iso, a OMS dedica este ano o Día Mundial da Saúde, á cobertura sanitaria universal. 
 
E para entender mellor o que significa a cobertura sanitaria universal, levan a cabo unha campaña: Campaña da OMS para o Día Mundial da Saúde
Nós tamén quixemos colaborar con esta Campaña. A profe de infantil, Mercedes, púxose en contacto cun Centro Médico de Ferrol que proporcionoulle un extenso material informativo para compartir con todos nós…

 Esta semana, na biblioteca, alumn@s de primaria visionaron o interesante material informativo coa profe Isabel…

Os pequerrechos de infantil tamén ollaron o vídeo atentos ás explicacións da profe Mercedes…
 

A oftalmóloga Ana González realiza viaxes solidarios a África, en concreto a Senegal, para operar ás persoas cegas que o necesitan. Ela é fundadora do Centro Médico da Rúa da Terra de Ferrol (Ópticas Noroeste), alí recollen gafas doadas por persoas da comarca de ferrolterra para levalas a África, onde serán moi necesarias para completar os tratamentos. Tanto as lentes usadas como as gafas de sol, tamén son recollidas nas ópticas Noroeste da comarca: na Rúa daTerra e estrada de Castela en Ferrol, e tamén en Fene, Ares e Cedeira.

O Centro Médico da rúa da Terra ofreceunos  tamén estes power point do Instituto Galego de Ciruxía Ocular para compartilo con todos nós e poder coñecer as xentes do Senegal e da India.
Valoramos moito o traballo que fan médicos como Ana no hospital oftalmolóxico…



Tamén vimos o vídeo de Babacar, un neno de 4 anos que naceu cego e recuperou a vista grazas á intervención dunha das oftalmólogas que colaboran con esta fermosa campaña.


Durante toda a semana visionaremos o material cedido con todos os alumnos do cole e dende o equipo da biblioteca damos as grazas a Mercedes e ao Centro Médico por acercarnos tan interesante iniciativa e poder formar parte desta campaña.
A Campaña de recollida de lentes para enviar á xente necesitada continuarémola á volta das vacacións.
                               CONTAMOS CON VÓS…… MOITAS GRAZAS!