VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

VISITA DE YOLANDA CASTAÑO

Hoxe recibimos a visita da poetisa Yolanda Castaño para falarnos do seu libro “Coller as rendas” o cal lemos, comentamos, debuxamos, recitamos… durante o segundo trimestre.

“Coller as rendas”ofrece sinxelos pero divertidos versos que afondan na importancia de reforzar os valores de respecto á personalidade de cada individuo, a través da descrición da situación e as peculiaridades de distintos animais. A finalidade dos poemas e das ilustracións é dar a entender que na natureza cadaquén ten o seu deber e os animais saben o porque da súa existencia

Yolanda animounos a escribir, contounos que ela comezou con oito anos.

Escribiunos unhas preciosas dedicatorias nos nosos exemplares que nos fixeron moita ilusión.

Grazas pola visita, Yolanda.