PROXECTO 8-M “DELAS SEMPRE APRENDEMOS MOITO”

Este ano lembramos a unha decena de artistas, mestras, pintoras, escritoras e activistas que co seu traballo loitaron con forza por un ideal…A igualdade.

A pintora americana Lilla Cabot Perry  realizou este fermoso retrato da súa filla Margaret no ano 1885.
O Título do cadro: “The beginner” ( “A principiante”) 
Interpreta o cadro: Ada (1º Primaria)

Gertrude Kasebier era unha fotógrafa americana, coñecida tamén por ensinar o mundo da fotografía a outras mulleres polo ano 1890.

Nesta foto súa vemos á india Zitkala-Sa que naceu na Reserva Sioux de Dacota e foi escritora, violinista e activista sioux. Escribiu artículos apoiando aos indíxenas americanos.

Interpreta a foto: Angélika (5º Primaria)

Sophie Anderson foi unha  importante pintora británica, eran famosos os seus retratos de nenos e nenas.

Este óleo titúlase “A pequeña encaixeira” tamén coñécese como “Concentración”.

Interpreta o cadro: Claudia (4º Infantil)

Elisabeth Vigée, pintora francesa do século XVIII.

Era unha famosa retratista e os seus  cadros pódense atopar en moitos museos de Europa.

Este é un fermoso retrato da súa filla Julie mirándose nun espello. 
Interpreta o cadro: Claudia (4º Primaria)

A pintora francesa Marie Genevieve Bouliard pintou este retrato de “ Alexandre Lenoir” (Creador do Museo dos monumentos franceses).

Interpreta o cadro: Pablo Roca (2º ESO)

   

A pintora lucense Xulia Minguillón co cadro “A escola de Doloriñas” recibiu a Medaia de Ouro da Exposición Nacional de Belas Artes no ano 1941Interpretan o cadro: Claudia e Javier (4º Infantil), Ada (1º primaria), Estéfany, Gabriela, Sabela e Roi (2º Primaria), Ainhoa(3º primaria), Laura e Claudia (4º primaria), Unai (5º primaria), Dani Pérez (6º Primaria) e a profe Eva Veiga.