INFANTIL NA AFUNDACIÓN

O pasado 19 de novembro fixemos unha saída cultura á Afundación de Ferrol que acolle a exposición A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración. Nela vimos grandes obras sobre a migración creadas no século XX por artistas que viviron esta experiencia.

Antes de ir ao museo, xa coñecíamos as obras coas que nos íamos atopar porque as traballamos previamente na clase:

Entre sabios- Os que volven- Os emigrados

 Castelao

Debido á dureza da temática das obras de Castelao, botamos a imaxinación e o razonamento a funcionar. A través dunha sesión de Filosofía para nenos e nenas,chegamos ás seguintes conclusións:

– Entre sabios: O que está sentado está chorando porque o que está de pé non lle deixa pintar.

– Os que volven: Están tristes porque ninguén os coida.

– Os emigrados: O que ten o café non lle deixa entrar.

O que tomaban os emigrados non era café, senón mate:

A técnica plástica empregada polo artista é tinta sobre papel, nós experimentamos con pintura de madeira negra sobre papel que ten certo parecido, os nosos mandilóns nolo agradecen!

Como somos uns auténticos artistas, cando imos á biblioteca todos e todas somos capaces de identificar as obras que Castelao que penduran das paredes do cole, sen que a profe nos dea ningún tipo de pista.

Malia que sabemos que é Sen título, nós chamámoslle Las caritas

Isaac Díaz Pardo

 

A partir desta obra fixemos un ditado coas nosas partes da cara:

E completamos cariñas con pegatinas:

Mujer en amarillos

 

Luis Seoane

A figura que representa a figura é dunha muller, e dímonos conta porque ten peitos.

 Vimos a mesma imaxe sen colorear pero non nos gustou nada, por iso decidimos pintala. Para pintala empregamos os mesmos tonsque o artista: amarelo, laranxa, vermello e ocre. Pintamos con cera dura, branda, rotulador…

 

Contrabandistas cruzando la frontera

Eugenio Granell

 

Nesta obra non incidimos na súa temática, describimos o que nos suxiriu a ilustración. Algo chamounos a atención: as persoas non tiñan brazos!!! E deixaron de ser persoas para converterse en maniquís!!!

Nesta obra prestamos moita atención ás cores das nubes e do chan e sorprendeunos como pintaba a cera branda branca/gris (que nunca pinta nada ou case nada) sobre o fondo verde. Logo, escollimos a parte superior que máis nos gustaba e completamos o corpo dos maniquís.

 Espace cromlech a dominante horizontale

 

Leopoldo Novoa

Desta obra custounos moito apreciar a estrutura do cromlech porque na pantalla non podíamos apreciar o relevo dos materiais.

Pero antes de comezar a facer a nosa obra, estivemos diferenciando materiais elásticos e non elásticos:

Posteriormente, puxémonos mans á obra. O que máis nos chamou a atención do cadro foi a banda de luz sobre fondo escuro e as liñas que parecían “cordas” e partindo disto, fixemos as nosas creacións:

E por fin chegou o gran día… o día da saída cultural!!!

A primeira hora da mañá, nada máis chegar a clase, asegurámonos que ninguén se perdía o importante evento: estabamos todos e todas!!!

Fixemos unha fila e fomos subirnos ao autobús, íamos moi contentos e contentas, e vimos moitas cousas: camións, barcos, mar…

O autobús deixounos en Correos, e tivemos a sorte de gozar dun marabilloso paseo outonal pola Alameda dos Cantóns

De camiño, chegamos á porta da Afundación, un enorme edificio.

No seu interior hai un cine e unha xigantesca sala de exposicións onde vimos os cadros que xa coñecíamos.

En cada cadro había unha proba para realizar, se a resolvíamos, dábannos unha peza dun quebracabezas da mascota do museo: PINTAFONTES.

Cómpre sinalar que houbo un cadro, no que non tiñamos programado parar, pero deunos moito medo… ollade que terror reflicte:

E participamos nun obradoiro de traxes de época:

Cando rematamos, como o tempo nolo permitiu, fomos merendar aos Cantóns e xogamos no barco pirata.

Finalmente, voltamos ao cole en autobús (moitos e moitas de nós, bastante cansos.

PASÁMOLO XENIAL!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *