ASTRONOMÍA NA BIBLIOTECA

Paulino Gasalla, da Sección de Astronomía da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) visitounos hoxe para falar de Astronomía aos rapaces de 3º e 4º de primaria…

Comenzou a charla explicando que de día non vemos as estrelas porque a luz do Sol ilumina o aire que respiramos e impídenos velas. O que vemos brilar, as veces, é o planeta Venus que parécenos unha estrela.

Amosounos as constelacións e os preciosos nomes das estrelas. Algunhas xa as coñecíamos, como a Osa Maior e a Osa Menor…

E por que se chaman así a osa maior e a menor?…Pois porque hai moitos anos, uns 5000 anos, víanse moi ben as estrelas pola noite e deitábanse a descansar, por exemplo no deserto,  observaban as estrelas e atopaban parecidos con figuras…

 Imaxinaban o ceo cheo de figuras: un lince, unha xirafa, un camelo, as osas, un cisne, a raposa…Mi madriña, cantos animaliños!

 

 E qué pasa en 24 horas?…Rota o ceo?…A estrela Polar sempre no centro, non se move e parece que o resto de estrelas sí. O que pasa en realidade é que movémonos nós, na Terra.

 Os rapaces fixeron moitas preguntas interesantes a Paulino.
Denís preguntoulle polo Cinturón de Orión e Irene quería ver a constelación de Xéminis…

Paulino contou a historia de Orión: Era un cazador, leva unha maza na man e no cinto de Orión colga unha espadacoa que parece defenderse dun touro.

Amosounos tamén a nebulosa roseta…

De que cores son as estrelas?…son brancas, azuis, amarelas e vermellas/alaranxadas.

Como son de grandes as estrelas?…Pois se comparamos Arturus co Sol, é moito máis grande, pero quédase pequeno comparado con Antares e éste con Pistol Star que é súper súper xigante

Lucas preguntoulle se existen os buratos negros…Pois si que existen. Un burato negro atrae todo, de ahí non pode saír nada, quedas como pegado e todo vese negro porque non hai luz.

Ao final da interesante charla, Paulino animounos a tod@s a coidar máis o noso precioso planeta Terra e a estudiar moito para crear entre tod@s un mundo mellor.

MOITAS GRAZAS PAULINO!