A OCEANÓGRAFA DE SERANTES – ÁNGELES ALVARIÑO

No marco da Semana Da Ciencia organizado polo ANPA recibimos na biblioteca a Xan Silvar, presidente da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) para falarnos da eminente oceanógrafa veciña de Serantes, Ángeles Alvariño

Xan amosounos un vídeo animado coa interesante biografía da oceanógrafa…

Continuou a charla falando de toda a traxectoria de Ángeles como científica…

 

Todos recoñecimos a súa casa porque está preto do noso cole e pasamos por diante dela todos os días…

 

 


Foi a primeira muller científica a bordo dun barco de investigación alá polos anos cincuenta.


Participou en varias expedicións  e cruceiros no Atlántico e Pacífico a bordo de buques oceanográficos de Inglaterra, Estados Unidos, España e México.


Ángeles Alvariño foi unha precursora na investigación oceanográfica española e destacada científica internacional. Deixou escritos máis dun centenar de artículos científicos en reputadas revistas españolas, norteamericanas e sudamericanas.

 


No ano 1993, a sociedade galega ríndelle unha homenaxe e foi distinguida coa Medaia de Prata da Xunta de Galicia.

No 2005, a Universidade da Coruña adícalle a Semana da Ciencia.


E no 2012, nun estaleiro de Vigo, foi botado o buque oceanográfico co nome de Ángeles 

Alvariño, dotado dunha avanzada tecnoloxía para a investigación da xeoloxía mariña, oceanografía física e química, bioloxía marina, pesquerías e control medioambiental

 

A bordo navegan 15 investigadores que seguen a descubrir os segredos do océano igual que o fixera Ángeles Alvariño.

 Xan explicounos onde se atopa o terreo de Doniños que Ángeles Alvariño donou ao concello para construír un Centro de Investigacións Biolóxicas e Ecolóxicas. Animounos a tod@s a visitalo e incluso ofreceuse a facer de guía…Canta amabilidade!

 

Ao remate de tan interesante lembranza desta extraordinaria muller, Xan recibe un pequeno agasallo e as nosas máis sinceiras grazas pola súa visita..

 

Moitas grazas, Xan…verémonos no Museo e se cadra…no pinar de Doniños!!!