COMEZOU A SEMANA DA CIENCIA NO VALLE-INCLÁN!!

Comezou a Semana da Ciencia no Colexio Valle-Inclán. Durante toda a semana diferentes científicos darán charlas e farán experiencias cos nenos e nenas para achegalos o mundo da ciencia. Xenética, percepción, magnetismo,…. serán algúns dos temas dos que falarán.

Hoxe foi a quenda de Paula López Serra, doutora en bioloxía e  antiga alumna do colexio que traballa actualmente no GEICAM en Barcelona. Achegouse o colexio para falar cos rapaces do ADN e facer una sinxela experiencia de extracción do ADN. (Máis fotos na Galería)

O vindeiro mércores o colexio recibirá a Xan Silvar da SGHN que falará da bióloga ferrolá Ángeles Alvariño.

 

Tamén pasarán polo colexio Juan Casto Ribadulla do Departamento de Fisioterapia e Ciencias Biomédicas da UDC para falar da percepción, e Marías Candás e Guillermo Díaz, doutores en bioloxía da Estación de Bioloxía Maríña da Graña que falarán  da fauna e da florada ría de Ferrol.