VISITA INSTALACIÓNS DE NAVANTIA

Esta semana @s alumn@s de primaria e secundaria visitamos a factoría de Navantia en Ferrol. 

Unha vez que entramos en Navantia pola porta da Maestranza, Manolo e Clara, ensináronnos a nave da exposición permanente que amosa a historia da factoría…

 Faláronnos da escola de aprendices, creada no 1915, para os fillos dos operarios da factoría… vimos os pupitres e as mesas cos tornillos que se usaban. 

E unha morea de máquinas e recordos moi interesantes na exposición permanente.

 

 

 

Manolo lembrou os tempos de loita obreira…

 O 10 de marzo, O Día da Clase Obreira, Ferrol sempre terá na memoria a Amador e Daniel .

De novo no bus fixemos un percorrido pola factoría para ver os diferentes espazos e naves…