CIRCULAR INICIO CURSO 2018-2019

 

INAUGURACIÓN DO CURSO ESCOLAR 2018/2019

Os horarios de inicio de curso son os seguintes:

 

12 setembro:

Educación Infantil ( 3 anos ):

9:45-10:45 horas. Entrarán acompañados dos seus pais/nais             

Educación Infantil  (4 e 5 anos ) e Educación Primaria:

9:30 – 11:30 horas.

  • Os nenos/as de Educación Infantil , serán recibidos polas súas profesoras no porche do Colexio.
  • Os alumnos/as de Educación Primaria, serán recibidos polos seus profesores/as na parte posterior do colexio, na zona cuberta.
  • O día da presentación todo o alumnado poderá asistir con ropa de calle.

13 setembro:

Os alumnos/as de Educación Infantil ( 4 e 5 anos ) e Educación Primaria, cumprirán o horario habitual

9:00 – 14:00 horas.

Os alumnos de Educación Infantil ( 3 anos ) seguirán o horario disposto polas súas profesoras no periodo de adaptación do mes de setembro.

  • Infantil (3 anos): utilizarán chándal todos os días e mandilón modelo colexio.
  • Infantil (4 e 5 anos): poderán asistir indistintamente a diario con uniforme ou chándal e, mandilón.
  • Primaria: levarán uniforme a diario e chándal os días de Ed. Física. Mandilón en 1º e 2º EP.

17 setembro:

Educación Secundaria Obrigatoria

10:00 – 11:00 horas.

18 setembro:

Os alumnos/as de E.S.O. cumprirán  o horario habitual

8:45 – 14:25 horas.

16:30 – 18:10 horas (martes polas tardes).

  • Os días de Ed. Física acudirán con roupa e calzado deportivo. (Opcional: chándal modelo colexio).

 

 

– Finalmente comunicámosvos que neste curso, estarán en funcionamento os servizos de comedor escolar e madrugadores. O servizo de comedor será de catering ou tupper, en función do número de usuarios diario ou días soltos polo que  rogamos que se poñan en contacto co centro todas as familias interesadas en facer uso destes servizos.

 

Un agarimoso saúdo. A DIRECTORA