EXCURSIÓN ALDEA NOVA -INFANTIL 2018-

O pasado luns 21 de maio, os nenos e nenas fomos a visitar Aldea Nova.

O día comezou do máis emocionante… ás 9:30h veunos a buscar o autobús ao cole e fomos ata a granxa.

 Nada máis chegar, fomos ao comedor onde deixamos as mochilas e comezamos a participar nos divertidos obradoiros:



RECICLAXE:


O vindeiro 5 de xuño, vai ser o Día Mundial do Medio Ambiente, e unha das cousas que podemos facer para coidar á nosa Terra é contribuir á reciclaxe. 
Algúns nenos e nenas xa reciclamos manualmente papel na aula de ecoloxía urbana, mais non todos xa que había un número importante de nenos e nenas enfermos. Por iso, non deixamos escapar a oportunidade e puxémonos mans á masa:

 VISITAMOS OS ANIMAIS

Na granxa, como xa sabíamos, só hai animais domésticos. A estes animais non só lles fixemos unha visita, senón que aprendimos os coidados que precisan.

Hai que ter moita conta de que ao pavo non se lle poña a cabeza vermella:

Malia que a la que mercamos é moi suave, a la que tiña este carneiro non o era:

A porca Celta, que así se chama, é un dos animais máis limpos da granxa. Impresionante!


As cabras son moi lambonas, queren comer pan todo o día!


E ao cabalo Pirata sempre lle temos que tocar nun lado, non directamente no fuciño:

MONTAMOS NA PONI VILMA

como auténticos xinetes


E tamén a cepillamos



  VISITAMOS O INVERNADOIRO

 

Como ía moita calor dentro, fixemos unha visita rápida onde vimos plantas que dan alimentos como as fragarias (fresas), tomateiras, pementeiros, porros… 

  E rematamos, cos XOGOS TRADICIONAIS como a rá, a corda, os bolos, a pesca…

Pero non todo ía ser traballar na granxa…tamén comimos un bo xantar que levamos da casa:

Cando rematamos eran case as 16:00h, recollimos todo e fomos cara o autobús, se xa algún nos quedábamos durmidos mentres comíamos… nin podedes imaxinar que cansados e cansadas regresamos pero…

PASÁMOLO XENIAL!!!