RAMÓN MONTERO CEREIJO – BARRIO DA MAGDALENA –

Como sabedes, este ano adicamos o noso proxecto Terra: O Dereito ao teu hábitat, ao Barrio da Magdalena.

E de novo contamos coa presenza do Presidente da Delegación en Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos e fundador do estudio The Warehouse, Ramón Montero Cereijo, que xa estivera na nosa biblioteca o curso pasado para darnos a súa visión dos barrios de Ferrol Vello e Canido

Falounos dos inicios da creación do barrio da Magdalena ata os nosos días. Tres séculos de historia de edificios concentrados nun barrio e na súa contorna a raíz da retirada da muralla que o rodeaba.

Ferrol é o primeiro lugar onde aparecen as galerías nos edificios. Idea copiada dos barcos e galeones da época que tiñan na parte de atrás unha galería na sala do capitán. Os edificios do s.XVIII non tiñan galerías pero os do s.XIX si.

Coas galerías as casas gañaron en confort. Fan un efecto invernadeiro que consegue máis calor no inverno no interior da casa e máis ventilación no verán.

No s.XX co estilo Modernista de Rodolfo Ucha, as fachadas dos edificios énchense de moitos detalles: flores, folliñas, dragóns, anxos, caras, águias, pombas… O obxectivo do Modernismo era integrar a natureza na arquitectura…

Cara no edificio da casa Romero, preto do teatro Jofre, copia doutra que hai nun edificio de New York. Feita como guiño as caras da fachada do teatro…

Detalle dos anxos que hai no edificio do BBVA na plaza de España…

Outra curiosidade da que falou Ramón, é o detalle deste chamador con forma de man agarrando unha manzá, situada nun portal da rúa Dolores preto da praza de Amboage.

Ramón deixounos este precioso traballo que nos quedará como lembranza da súa visita… A Magdalena:

Interesante e completa visión do noso barrio da Magdalena.

 

 

En nome de tod@s os alumnos e profes, dámoste as grazas pola túa valiosa colaboración nesta interesante visita de hoxe na biblioteca.
VOLVEREMOS A VERNOS!?