CIENCIA NA RÚA 2018

O pasado sábado día 5 de maio celebrouse na Coruña o XXIII certame do Día da Ciencia na Rúa e, como en anteriores edicións, o cole participou cunha serie de proxectos de marcado carácter científico.

 

 

Gracias ao apoio da ANPA, que fixo posible a nosa asistencia proporcionando material e transporte, puidemos disfrutar dunha xornada chea de actividades, curiosidades e aventuras lúdico-culturais no parque de Santa Margarida, na contorna da Casa das Ciencias.

 

 

 

Foi unha edición especial na que tivemos a oportunidade de aparecer en diversos medios de comunicación. A televisión de Galicia non dubidou en facernos unha visita con reportaxe incluido:

 

 

Tamén fomos convidados a participar no programa de radio que cada ano a emisora CUAC FM realiza en directo cubrindo a xornada:

 

 

En canto aos nosos proxectos, os alumnos de 2º da ESO traballaron arreo nas maquetas mentres que os alumnos de 3º e 4º da ESO elaboraron os cartéis informativos.

 

 

A exposición dos traballos, que este ano adicamos ao MAGNETISMO, foi por conta dos alumnos de 4º da ESO que fixeron unha labor sobresaínte amosando proxectos coma un tren magnético, un tren eléctrico feito con imans ou un sistema de freado magnético.

 

 

 

Todo un éxito esta edición do 2018 na que só nos queda por felicitar a todos os participantes e en especial aos organizadores do evento, a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias que ano tras ano fan desta xornada un referente científico e cultural do noso pais.

Podes descargar o archivo PDF co programa 2018 AQUÍ!

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *