CONCURSO “ENSINA FERROL” -FORO FERROL VIVO-

A semana pasada alumnos de 3º,5º e 6º de Primaria participaron no primeiro certame de debuxo vinculado á Candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade, organizado polo Foro Ferrol Vivo
O certame de debuxo titúlase “Ensina Ferrol” e ten como obxectivo difundir entre os escolares a iniciativa encamiñada a conseguir a declaración de Patrimonio da Humanidade para a nosa cidade. Conta co apoio do Centro Comercial A Magdalena e a ruta da construción naval.
Como xa sabedes, nós adicamos este curso ao Barrio da Magdalena para o noso Proxecto Terra, estamos moi involucrados con esta iniciativa e fainos moita ilusión colaborar co Foro Ferrol Vivo neste certame.

Diante do noso mural adicado ao Barrio da Magdalena cada un dos alumnos/as interpretou unha parte do que máis lle gusta do barrio…

Os pequenos artistas concentrados na súa obra…o resultado foi fantástico, fixeron uns debuxos magníficos.
Para min xa sodes tod@s gañadores polo interés e os ánimos con que colléstedes esta iniciativa.

SODES GRANDES!!! FERROL MOLA E MOLADES VÓS!!!

 

VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO CONCURSO:https://vimeo.com/255198671?ref=fb-share&1

 

E a gañadora foi…Antía Pérez Arto, de 3º de Primaria

PARABENS ANTÍA!