CLUB DE LECTURA CON MARÍA CANOSA NA BIBLIOTECA
Comezamos o día coa visita dunha das nosas autoras preferidas, María Canosa, que repite un ano máis na nosa biblioteca para ledicia de todos…
Aproveitamos a visita de María para iniciar o club de lectura cos rapaces de 1º de Primaria que leron o seu libro titulado «O día que choveu do revés». Unha fantástica historia
que narra o eterno conflito entre as nubes e o Sol, que nalgunhas ocasións remata en tremendas treboadas e noutras en longas esperas pola chuvia…pero nese momento preciso é cando hai que actuar e aplicar solucións imaxinativas e enxeñosas que consegan calmar as augas e que as cousas volvan á normalidade…que chova con xeito…
Os seguintes en formar o club de lectura foron os alumnos de 4º de Primaria que leron o libro titulado «A cazadora de estrelas»
Trata das aventuras dunha personaxe valente e atractiva chamada Megumi que ademáis é unha excepcional cazadora de estrelas, unha magnífica tiradora e amazona, pero ante todo, é un exemplo de dignidade.
E como temos entre nós un pequeno-gran escritor, lembramos con María o primeiro libro editado do noso alumno Alex González Meizoso, «El pastelón»
O club de lectura de 5º de Primaria foi moi dinámico e tamén o máis numeroso. Eles leron «Muriel» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2017)
Con este libro, María Canosa, amosa a súa sensibilidade creativa e a súa gran capacidade de imaxinación para meterse na pel dun neno que pasa por un tempo de melancolía tras a desaparición da súa avoa.
MOITAS GRAZAS MARÍA!
É UN PRACER LER AS TÚAS OBRAS!