Os alumnos de 6º de Primaria tiveron a oportunidade onte de coñecer á escritora viguesa Ledicia Costas, autora do libro A señorita Bubble da editorial Xerais, co que disfrutaron tanto na clase…
Neste libro, Ledicia Costas, reivindica o papel das mulleres na ciencia. Conta coas marabillosas ilustracións, do tamén vigués, Andrés Meixide.
A protagonista é unha inventora un pouco estrafalaria, dotada dunha extraordinaria intelixencia e unha gran capacidade de soñar e de facer soñar aos demáis.
No libro aparecen referentes que naceron de lecturas e películas que marcaron a Ledicia, como «Franquenstein» ou «Willy Wonka», o famoso propietario da fábrica de chocolate.
Os rapaces fixeronlle unha morea de preguntas e Ledicia respondeu a cada unha delas con humor e inxenio. Porque este libro, en realidade, aborda con humor a necesidade de aceptar con maior tolerancia as diferenzas e fai unha reflexión sobre os estereotipos.
Ledicia Costas gañou no 2015 o Premio Nacional Infantil e Xuvenil, este premio permitiulle deixar a avogacía e dedicarse por completo a escribir.
Nós alegramonos moito de que deixara as leis e collera as letras
MOITAS GRAZAS LEDICIA!