As actividades dividirémolas en dous grupos distribuídos por idades:
Construíndo os nosos contos
Traballaremos a través dunha unidade didáctica, diferentes historias e contos tradicionais, nos que tentaremos que os máis pequenos desenrolen unha conciencia positiva e espíritu crítico; fomentando valores como a igualdade, a non descriminación, a resolución pacífica de conflictos e identificación e rexeitamento de todo tipo de violencia.
HORARIO: martes de 16:30 a 17:30
Obradoiro de teatro
O obradoiro consistirá na preparación dunha obra de teatro, así como a elaboración de tódolos elementos necesarios para a súa representación: vestiario, maquillaxe, escenografía…
NOTA: Cando o tempo o permita, aproveitaremos para rematar as pinturas que quedaron pendentes no patio, no primeiro trimestre.
HORARIO: Martes de 17:45 a 19:15
INSCRICIÓN
Para anotarvos as actividades, podedes facelo a través do mail do anpa anpacolexiovalleinclan@gmail.com, indicando nome e idade do neno/a, o curso ao que pertenece e o obradoiro elixido.
O prazo para a inscrición remata o vindeiro venres 23 de marzo.